miércoles, 11 de marzo de 2009


XXV Aniversario

No ano 2009 cúmprense 25 anos dende a creación da asociación cultural Lembranzas da Ría (1984-2009). Por este motivo, dende a Asociación quérese felicitar e dar as gracias a todas aquelas persoas que formaron parte do grupo ó longo deste lustro, xa que todos eles contribuíron a escribir a historia desta agrupación.

Para conmemorar este cuarto de século de vida, celebrarase unha gala XXV Aniversario no Auditorio Municipal de Cangas o domingo 11 de outubro de 2009 (véspera do día do Pilar), a partir das 20:00 horas. Nela participarán, ademais das actuais formacións da Asociación, antigos compoñentes do grupo que se mostraron interesados en colaborar nesta gran festa que supón o XXV Aniversario.

Ó remate da Gala terá lugar unha cea para todas aquelas persoas que nalgún momento formaron parte do grupo ó longo destes 25 anos. É necesaria confirmación previa.

Ademais, a asociación gravará un disco ó longo deste ano.


Hai algún pequeno cambio na páxina web, con motivo do XXV Aniversario da Asociación neste ano (1984-2009).